Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AGE solicita a Educación que solucione os atrasos no trasporte escolar en Cesantes e Quintela

RR_Noticias

A Deputada de AGE Chelo Martínez presentou no parlamento galego unha proposición non de lei por medio da cal esixe á Consellaría de Educación que solucione os continuos atrasos no transporte escolar que vén sufrindo o alumnado do CEIP Outeiro das Penas e o CEIP de Quintela. Unha solicitude a instancias de Anova Redondela, formación que amosa o seu apoio á mobilización que terá lugar a partir das 10:00 horas de hoxe no Colexio Outeiro das Penas.

Lembran dende Anova que malia as queixas formais das Anpas de ambos os dous centros na xefatura territorial de Educación, e pese á xuntanza que se celebrou hai unhas semanas entre representantes da Consellaría, do Concello de Redondela e da comunidade escolar afectada, o problema segue sen se solucionar a día de hoxe o qu supón que os rapaces cheguen entre 15 e 20 minutos tarde ás clases. Uns atrasos no transporte escolar que tamén se producen na saída da xornada escolar.
Na súa iniciativa parlamentaria, a deputada por Anova no Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), demanda á Consellaría de Educación que lle esixa á empresa concesionaria o cumprimento do establecido no prego de condicións, así como que adopte as medidas necesarias para garantir unha pronta resolución deste conflito que está afectando ás comunidades escolares destes dous colexios do noso concello.
Anova Redondela apoia a manifestación que as Anpas dos colexios de Outeiro e de Quintela realizarán hoxe xoves, ás 10.00h desde o colexio de Cesantes, para esixir da Xunta que poña fin a esta problemática.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará