Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pais e alumnos maniféstanse en Cesantes contra os atrasos do transporte escolar

RR_Noticias

“Por un transporte escolar puntual”, ese foi o lema co que unhas trescentas persoas marcharon esta mañá pola estrada N-550 desde o colexio Outeiro das Penas ata a rúa Loural. Pais e nais, familiares e os propios alumnos dos colexios Outeiro das Penas e Quintela esixiron “unha solución” aos continuos atrasos que sofren tanto nos traslados para chegar ao centros como nas saídas.

A presidenta da ANPA do colexio de Cesantes, Nuria Rodríguez, explican que levan xa tres meses denunciando esta situación. Desde que comezou o curso, os alumnos que deben entrar no centro ás 9.30 horas, chegan ás veces ata media hora tarde. O mesmo problema teñen á saída, que é ás 14.30 horas, pero o autobús non os recolle ata preto das 15.00 horas en moitas ocasións. Estes continuos atrasos fixo que os alumnos perderan xa unha media de 20 horas lectivas.Segundo Rodríguez a empresa adxudicataria culpa dos atrasos “aos recortes” da consellería de Educación, que eliminou unha das liñas. Os pais aseguran non entender como a Xunta “permite que esta situación se prolongue no tempo” e esixen que se tomen medidas “ou lles rescindan o contrato”. Os alumnos do centro, rapaces de entre 3 e 12 anos, son os principais prexudicados. Algúns como Felipe e Martín participaron esta mañá na manifestación, que saíu ás 10.00 do centro. Quéixanse de que sempre chegan tarde á clase “por culpa do autobús” o que provoca interrupcións nas aulas, e logo tamén chegan á casa “case unha hora máis tarde” da saída do centro. Un problema que padecen desde o último trimestre do curso pasado e que levou a moitos pais a recoller aos rapaces en vehículo privado. Outros mesmo prefiren facer o percorrido a pé “porque chegan antes que no autobús”. A manifestación percorreu a estrada N-550 desde o Outeiro das Penas ata a rúa Loural, e ocasionou longas retencións nos vehículos que circulaban en dirección a Arcade. Na ANPA confían en que logo da mobilización, a recollida de sinaturas e a documentación por escrito do atraso que cada día acumula o transporte, a consellería de Educación “mova ficha” e soluciones o problema.  

Nuria Rodríguez presidenta da ANPA
Os atrasos son continuos desde hai tres meses e os alumnos xa perderon unhas 20 horas lectivas.
Solución urxente
As ANPAS demandan unha solución por parte da Consellería de Educación.
Felipe e Martín alumnos
Os escolares pacen os atrasos todos os días tanto na entrada como na saída do centro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará