Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Fernández Del Riego na Casa da Torre

RR_Noticias

A Asociación Alén Nós, en colaboración coa Radio Municipal, o Servizo de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura, organiza esta tarde ás 20:00 horas un acto homenaxe na Casa da Torre no que se fará un percorrido pola vida e obra do escritor e intelectual Francisco Fernández del Riego.

No acto proxectarase o documental “Francisco Fernández del Riego no río do tempo”, unha pequena peza audiovisual que a través de imaxes recolle algúns momentos salientables na vida do galeguista, que este ano tería cumprido un século de vida. Logo da proxección desta peza, obra de María Dolores Cabrera, padroeira da Fundación Penzol, terá lugar unha mesa redonda ao redor da súa figura na que intervirán o director da editorial Galaxia, Victor F. Freixanes, o presidente da Fundación Penzol, Francisco Domínguez e o escritor e investigador Xurxo Martínez. Alén Nós súmase así aos diferentes actos homenaxe que ao longo deste 2013 se están a desenvolver en torno a Fernández del Riego, figura fundamental do galeguismo tal e como salientaba Xosé Couñago. Dende Alén Nós lembran tamén as vinculación que Don Paco tivo con Redondela, sendo o primeiro pregoeiro das festas da Coca alá polo ano 1984 e participando tamén noutros actos culturais como por exemplo sendo xurado na Festa dos Maios. O acto de hoxe terá lugar ás 20:00 horas, na Casa da Torre de Redondela.  

Xosé Couñago Alén Nós
Un referente para todos os que aman Galicia
Andrés Laxe Alén Nós
Vinculación con Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará