Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR afrontan a segunda volta “con tranquilidade” ao ter acadado a permanencia

RR_Noticias

O sábado xogan co Calvo Xiria o que será o último partido desta primeira volta, e viaxan a Carballo “sen presión”, coa tranquilidade de saber que teñen “os deberes feitos”. Xa sumaron os puntos suficientes para afrontar a segunda volta da Primeira Nacional con garantías, e agora chega o descanso de Nadal co desexo de recuperar aos xogadores lesionados.

O balance da primeira metade da liga é “moi satisfactorio”, segundo o técnico, Diego Lorenzo. Nas primeiras xornadas medíronse a rivais directos pola permanencia e pasaron o exame con nota. Logo chegaron os equipos máis fortes, os da cabeza da táboa, e tamén as lesións dalgúns xogadores importantes para a SAR, e tamén superaron a proba. Fixérono grazas ó esforzo de todos e as achegas de varios xogadores do filial aos que o adestrador está a dar minutos. A vitoria do pasado sábado diante do Ártabro foi vital para acadar o obxectivo marcado antes do parón de Nadal, xa que chegan ao ecuador da competición na 9ª posición da táboa, fóra dos postos de perigo. A próxima cita, que será o último partido desta primeira volta, será en Carballo, diante do Calvo Xiria. Será un partido complicado polo longo desprazamento e pola fortaleza do rival na casa, pero Diego asegura que viaxan “sen presións”, coa tranquilidade que lles dá saber que teñen o obxectivo cumprido. O certo é que no club están moi satisfeitos co traballo de todo o equipo, e agora só agardan que o descanso de Nadal sirva para recuperar xogadores lesionados como Gabriel e Iñaki.  

Diego Lorenzo adestrador
O técnico fai un balance moi positivo desta primeira volta da liga.
Cos deberes feitos
Chegan ao ecuador da competición coa satisfacción de ter cumprido o obxectivo.
Calvo Xiria-Sar Plastic Omnium
Lorenzo fala dun encontro difícil aínda que recoñece que viaxan sen presións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará