Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior abre o prazo para participar no Ludonadal

RR_Noticias

Un ano mais desenvolven un programa de actividades que se van realizar nas vacacións de Nadal e no que se inclúe un obradoiro de modelado con arxila polimérica, obradoiros lúdicos variados e un curso de elaboración de decoración de galletas e cupcakes. Todas estas actividades son de balde e as prazas limitadas. Máis información e inscricións na OMIX no Multiusos de Arcade ou no teléfono 986700822.

As vacacións de Nadal déixannos en Soutomaior o programa de actividade Ludonadal, no que se inclúen obradoiros variados nos que poden participar rapaces a partir de tan só seis ano.
Nesta edición como novidade organizan un obradoiro de modelado con arxila polimérica “Jumpingclay”, un material moi suave, elástico, que non mancha nin se pega, cualidade que o fan moi axeitado para traballar con rapaces pequenos. Así, a actividade está dirixida a mozos e mozas a partir de 6 anos, con grupos de 6 a 12 anos e outro para maiores de 13 anos. Neste obradoiro aprenderase a modelar animais, elementos de adorno típicos de Nadal (árbores, bonecos de neve, doces….) e figuras que poden servir para facer agasallos.
A maiores organízanse tamén actividade para traballar mediante o xogo temas relacionados coa ciencia, a lectura e a escritura pero dun xeito lúdico. Os participantes farán experimentos, volcáns en erupción, manualidades, teatro, animación á lectura e escritura, contos nun obradoiros limitados neste caso a nenos entre 2 e 12 anos.
Xa para os maiores de 13 organízase un curso de elaboración e decoración de galletas e cupcakes, no que se ensinarán técnicas culinarias básicas relacionadas coa pastelería e manexarán equipamentos e materiais primas para aprender a decorar estas sobremesas. Todas estas actividades son de balde e realizaranse durante o mes de decembro e principios de xaneiro. As prazas son limitadas.
A maiores está aberto o prazo de participación no concurso de postais de Nadal ata o 13 de decembro na OMIX.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará