Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Covsa encargarase da segunda fase das obras do complexo deportivo de Santa Mariña por 648.000€

RR_Noticias

A Deputación de Pontevedra ven de adxudicar as obras que consistirán na construcción de dúas novas edificacións: un edificio principal que constará de bancadas e vestiario e un novo edificio para o control de acceso as instalacións. Ao concurso presentáronse tres empresas, sendo adxudicada a obra a Covsa

A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe na súa xunta de goberno as obras da segunda fase o Complexo Deportivo Santa Mariña, de Redondela, á empresa Covsa por 648.000 euros.
Na primeira fase da obra que contou cun investimento semellante incluíuse a ampliación e acondicionamento dos dous campos de fútbol con céspede artificial.
A intervención no complexo deportivo rematará agora coa construcción de dous edificios. O principal constará dunha grada cuberta con capacidade para 454 espectadores debaixo da cal se instalarán os vestiarios, locais polivalentes, aseos e botiquín.
Tamén se construirá un novo edificio de planta baixa para control e acceso ás instalacións  O total de superficie construida será de 3.095 m2 e o traballo implicará tamén labores de urbanización para acondicionar o perímetro do campo e o enlace do acceso cos espazos para deportistas e para espectadores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará