Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres encapuchados rouban no estanco de Cesantes

RR_Noticias

Os feitos producíronse de madrugada segundo información da Policía Local que comprobou no lugar, logo de recibir o aviso dun veciño, que a porta do estanco se atopaba aberta motivo polo que chamaron ao seu propietario quen durante a xornada de hoxe presentará a correspondente denuncia. Tamén de madrugada foi necesario actuar para extinguir un conato de incendio nunha vivenda unifamiliar en Quintela.

Un veciño de Cesantes foi quen alertou do roubo cunha chamada ás 4:30 horas da madrugada á Policía Local na que informaba de que o estanco tiña a porta aberta de que do seu interior fuxiran tres individuos encapuchados.  Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas da Policía Local e nacional quen comprobaron que o local estaba aberto aínda que non se apreciaron signos de que a porta tivera sido forzada. Puxéronse en contacto co propietario quen se fixo cargo do estanco e que durante a xornada de hoxe está previsto que presente denuncia na comisaría da policía Nacional detallando a mercancía que lle foi subtraída. As investigacións continúan de cara a dar cos asaltantes.
Incendio en Quintela
Por outra banda, tamén de madrugada foi necesaria a intervención do Grumir para sufocar un incendio que se producira nunha vivenda unifamiliar no Camiño dos Franceses na parroquia de Quintela. Foi o propietario da vivenda quen alertou do lume que se iniciara nunha cheminea de ferro. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais e tan só pequenos danos materiais ao afectar o lume a unha das paredes da cociña na que se iniciou.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará