Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contos para acabar cos medos con Paula Carballeira

RR_Noticias

O Festival de monólogos Lareta achega este sábado ás 20:00 horas ao Multiusos da Xunqueira un espectáculo para o público familiar que correrá a cargo de Paula Carballeira. As persoais interesadas en asistir poden xa retirar as súas entradas no propio Multiusos, o prezo é de 4 euros para público en xeral, dous euros para xubilados, estudantes e público infantil.

Dedicada profesionalmente ao teatro e á narración oral é tamén autora de numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil. Paula Carballeira ten participado en destacados festivais de narración oral, tanto a nivel estatal como internacional, ademais de traballar como actriz e contadora de contos en diferentes programas televisivos. En Redondela estará este sábado dentro do ciclo de monólogos lareta cun espectáculo que leva pro título “Contos para acabar cos medos” que se poderá ver no Multiusos o sábado ás 20:00 horas.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Fálanos do espectáculo do sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará