Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Froles Mareliñas organiza un Campus de Nadal

RR_Noticias

Facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e axudar tamén a que os rapaces empreguen o seu tempo de ocio en actividade lúdico-deportivas lonxe da televisión e as vídeo consolas, son os obxectivos do Campus de Nadal que a Asociación Froles Mareliñas organiza na última semana de decembro.

O Campus desenvolverase en horario de mañá de 8:00 a 14:00 horas os días 23, 24, 26 e 27 de decembro. Durante ese período os rapaces poderán participar deportivas e ao aire libre, xogos de rastrexo, obradoiros de manualidades e repostaría e haberá tamén actividade orientadas á recuperación de xogos tradicionais.
O prezo oscila entre os 50 euros que deberá abonar un socio e os sesenta que terán que pagar os non socios. Tamén existe a posibilidade de que os rapaces almorcen no propio campus, incrementándose nese caso a inscrición en 10 euros por participantes.
A data límite para se inscribir é o 16 de decembro. Pódese realizar a través do teléfono 661536145 ou no enderezo electrónico frolesmarelinas@hotmail.com.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará