Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maxia e humor cos Meigallos de Ivan Asenjo

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle este venres 6 un espectáculo de maxia orientado ao público familiar no que non faltarán os números cómicos, a música, a improvisación e, sobre todo, a maxia. Unha actuación que terá lugar ás 20:00 horas de mañá e cuxa entrada se pode retirar xa no Multiusos, o prezo é de 5 euros para o público adulto, 3 euros os nenos.

Un novísimo Iván Asenjo é o encargado do espectáculo de maxia e humor que se poderá ver este venres en Redondela. Unha posta en escena minimalista, con números cómicos nos que se interactúa co público e tamén acompañamento musical durante unha hora e media na que grandes e pequenos poderán gozar coa maxia. Asenjo está estes días de xira con este espectáculo que leva por título Meigallos, un nome ben curioso se temos en conta que este mago é segoviano e que decide usar esta palabra en galego precisamente “pola súa connotación máxica”.  

Ivan Asenjo mago
Un espectáculo minimalista
Espectáculo familiar
Orientado a todos os públicos
Meigallos
Un nome en galego para un espectáculo que chega dende Segovia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará