Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela borra das listas do paro a 8 desempregados

RR_Noticias

Mínima variación no pasado mes de novembro no que a creación de postos de traballo se refire. Mentres no concello de Redondela o número de desempregados diminúe lixeiramente, con 8 persoas menos anotadas nas listas do INEM, no resto dos concello da comarca o paro experimentou un pequeno repunte.

O mes de novembro non deixa grandes novidades segundo os últimos datos da Consellería de Traballo que se facían públicos na xornada de onte. Así, o concello de Redondela experimenta un lixeiro descenso no número de desempregados, ao borrarse da lista do INEM un total de 8 persoas sendo agora 2.855 as que se atopan en situación de busca de emprego.
O resto dos concellos que conforman a comarca experimentaron un repunte á alza, pero con todo, a variación tamén foi mínima. En Soutomaior son 893 as persoas inscritas no INEM, dez máis que no mes anterior, mentres que nos concellos de Fornelos de Montes con 239 parados e en Pazos de Borbén con 468 a variación foi tamén á alza, con 7 e 3 parados máis respectivamente.
Cambios insignificantes se os comparamos cos datos de outubro, aínda que si se observa unha melloría respecto do mes de novembro do ano pasado, cando na totalidade da comarca se contabilizaban 131 persoas máis en paro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará