Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada para esquecer no balonmán local

RR_Noticias

O Solla&Cía Chapela e a SAR sufrieron esta fin de semana senllas derrotas nos seus respectivos encontros. En División de Honor B o Zamora vencía ao Chapela por 33 goles a 30 e en primeria nacional a Sar caía na bomboneira por 22 a 38 nun encontro disputado ante o líder da categoría o Atlético Novás.

O Solla&Cía sufría esta fin de semana unha derrota en terras zamoranas. Os primeiros minutos do encontro foron moi igualados pero xa a partir do minuto cinco os locais comezaron a imporse no marcador, chegándose ao descanso cun resultado de 18-14.
Logo do paso por vestiarios os de Chapela tentarían a remontada e malia o bo facer de Fabián e Pablo Vidal con oito e sete goles respectivamente, o conxunto de Chapela nada puido facer para sumar algún punto.
Regresa de Zamora cunha derrota que os sitúa no decimo segundo posto. Na vindeira cita xogan na casa e reciben ao Amenabar, na décima posición
Tampouco houbo sorte en Primeira nacional, categoría na que a Sar sufría unha contundente derrota ante o Atlético Novas. Nada puideron facer os redondeláns ante un rival que está en clara progresión ascendente. O Mecalia Novas, líder da categoría amosou novamente a súa invatibilidade no encontro disputado na bomboneria onde venceu cun contundente 22-38. A SAR cae á novena posición e desprázase na vindeira fin de semana ao campo do Lalín, quintos do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará