Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Fútbol Sala tumba ao líder

RR_Noticias

Vitoria pola mínima para o equipo de Julio Mougán que esta fin de semana fixo un grandísimo partido no pavillón de Redondela que presentaba ademais unha moi boa entrada. Un público que durante corenta minutos gozou dun dos mellores encontros disputados ata o de agora na Liga Galega Autonómica e que deixaba un resultado inmellorable para os locais, logo de vencer por 1-0 ao Lavadores, líder da categoría.

O partido comezou cun Lavadores que movía o balón con moita rapidez e que intentaba ser moi vertical cara a portería defendida por Naka. Os redondeláns pola súa banda presionaron a saída do balón dende o inicia da xogada, volvendo o partido moi físico dende o minuto un. Os primeiros vinte minutos foron moi tácticos, e ambos equipos tiveron dificultades para romper as respectivas defensas. A oportunidade máis clara sería a falla de 4 segundos para o descanso, unha man de Jorge daríalle a oportunidade ó Lavadores de tirar un lanzamento sen barreira de 10 metros, lanzamento que saería fora. O marcador non se movería antes do descanso.
O inicio da segunda metade non puido ser mellor para os redondeláns cunha xogada individual de Juan, que xoga un balón perfecto ao segundo pao, onde Dani só te que empurrala. Sería ese o único tanto do partido malia os intentos de ambos os dous equipos por incrementar un marcador que xa non se movería ata chegar ao final do encontro co definitivo 1-0.
Na vindeira fin d semana o Redondela tentará defender a súa terceira posición nun encontro que se disputará o sábado 30 no campo do García Araujo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará