Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia “intereses especulativos” detrás do proxecto urbanístico de Canabal

RR_Noticias

Acusan ao concelleiro Arturo González de “defender os intereses duns poucos en detrimento de moitos” e alertan de que a posta en marcha da área comercial, prevista no proxecto de desenvolvemento urbanístico para a parcela que se atopa nas inmediacións da rotonda de Vilavella, suporía a “estocada” definitiva ao comercio local.

Os nacionalistas argumentan o seu voto en contra do proxecto que esta semana prevía aprobar o goberno local porque “a posta en marcha dunha grande superficie, neste momentos, suporía poñer en grave risco o futuro de numerosos comercios en todo o concello de Redondela”. Engaden que resulta contraditorio que se vaia arranxar a Praza de Abastos ou que o Centro Comercial Aberto de Redondela reciba 38.000 euros, e por outra, se promovan áreas comerciais deste tipo.
Acusan ao concelleiro de urbanismo Arturo González de “defender os intereses duns poucos en detrimento de moitos” e insisten nas consecuencias nefastas que a aprobación deste área comercial tería no comercio de proximidade, “un sector xa moi castigado pola crise económica, que ten que sufrir unha normativa autonómica que promociona ás grandes superficies e que ten que competir coa proximidade da cidade de Vigo”.
O BNG critica tamén que o goberno local convocase un pleno extraordinario para tratar como principal punto na orde do día esta cuestión para retiralo no inicio do mesmo, algo que ao seu entender constitúe unha “nova mostra da incompetencia de Arturo González e un novo fracaso na súa xestión” xa que logo de dous anos non foi quen de sacar adiante “o Plan de Tráfico, tal e como prometera;  foi incapaz de solucionar o problema do GRUMIR;  xerou falsas expectativas en canto ao Plan Xeral e non foi quen de crear un servizo de prevención e extinción de incendios no verán”. Conclúen criticando tamén a polémica levantada pola aplicación da ordenanza das terrazas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará