Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco remonta en Betanzos no debut de Pablo Couñago coa camisola do club redondelán

RR_Noticias

O Choco logrou en Betanzos a súa oitava vitoria da tempada, o que consolida os de Jacobo Montes como o equipo revelación da Terceira División. Malia comezar co marcador en contra, os redondeláns déronlle a volta ao partido para asinar o 1-2 con goles de Lucas e Albert na segunda parte. Tamén o que fora camión do mundo sub-20, Pablo Couñago, destacou no partido.

Terceira División
Betanzos 1-2 Choco
Os locais adiantáronse no marcador cun gol de Tomy antes do descanso, e se demostraran superiores durante toda a primeira parte. Pero a última media hora dos redondeláns foi decisiva. Os cambios introducidos por Jacobo Montes, coa entrada dos xogadores de refresco Lucas e Albert demostráronse eficaces, e deron a volta ao marcador nun partido no que tamén destacou o debut de Pablo Couñago, Bota de Ouro no Mundial de Nixeria de 1999 coa selección sub-20. Pero a vitoria do Choco non chegou sen esforzo. De feito foi o Betanzos o que dominou os primeiros 45 minutos, con ata cinco ocasións claras de gol. Pero non tiveron premio ata o minuto 44. O 1-0 naceu nunha falta lateral botada por Sergio, na que o xogador xuvenil mandou o balón á área. O Choco pecou de falta de concentración e permitiron a César ceder a pelota co tacón e Tomy, que marcou de tiro cruzado. Pero logo de descanso a situación mudou por completo. O adestrador redondelán apostou por retirar a un xogador do centro do campo como Manu Lojo e deu entrada ao dianteiro Albert. Un importante cambio que motivou que o partido se abrise, con ocasións reiteradas nas dúas portarías. Pero a fortuna estivo do lado do Choco, que logrou a igualada no minuto 63 cun espectacular remate de cabeza do recentemente entrado Lucas, e a falta de cinco minutos para o final un gol de Albert sentenciaría o partido. Os tres puntos permiten ao Choco ocupar a 6ª praza do grupo, empatado a puntos co 5º, que é o Pontevedra. A próxima xornada reciben en Santa Mariña ao Alondras, da metade baixa da táboa.
Segunda Autonómica
Sampaio 0-0 Choco B
O filial do Choco é 10º, logo do reparto de puntos co Sampaio nun partido sen goles. Na próxima xornada o Choco B recibe ao líder, o Chaín.
Soutomaior 0-1 Bueu
O Soutomaior segue na metade baixa da táboa logo da derrota pola mínima diante do Bueu. Na próxima xornada terán ocasión de mellorar a súa situación, porque visitan o campo do pechacancelas, o Marín B, que só suma un punto nas dez xornadas de liga.
Arcade 0-2 Umia
O Arcade segue na metade baixa da táboa logo de perder co Umia nun encontro no que se viron prexudicados pola expulsión moi rigorosa dun xogador. O Umia aproveitou as súas ocasións e levou os tres puntos. O domingo o Arcade xogará no campo do Beluso, 3º clasificado do grupo.
Terceira Autonómica

Cotobade 2-3 Cesantes
O Cesantes conseguiu superar a domicilio ao Cotobade, un dos equipos fortes do grupo. Partido interesante e con moitos goles co que os de Redondela conseguen escalar algunha posición, son 12º. A próxima fin de semana reciben ao Poio, o 3º da táboa.
Chapela 3-0 Moledo
O Chapela está a consolidarse como un dos equipos máis fortes do grupo, e demostrouno onte cunha goleada sobre o Modelo. Son 4º na táboa, empatados a puntos co 2º e o 3º clasificados, que son Alcabre e Vincios. O próximo domingo xogan no campo do Balaídos.
Coruxo B 2-0 At.Vilar
O Vilar non puido co filial do Coruxo. Seguen na metade da táboa, a próxima xornada reciben ao Mosende, un posto por baixo dos redondeláns.
Nespereira 3-0 Oliveira
Os de Pazos ocupan a 3ª praza do seu grupo logo de golear ao Oliveira, grazas en parte a que os visitantes remataron cun home menos. Na próxima xornada xogan no campo do Tebra, 2º do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará