Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba inicialmente o seu Plan Xeral

RR_Noticias

Os veciños contarán agora cun prazo de tres meses para consultar o documento e presentar as alegacións e suxestións que consideren oportunas. Dende o BNG aseguran que a normativa, aprobada en pleno pola maioría do PP, “prexudica aos veciños ao limitar a edificabilidade das normas subsidiarias”.

Logo da aprobación inicial do PXOM acordada en pleno, o documento inicia a súa tramitación coa publicación no Diario Oficial de Galicia e a posterior exposición pública. Durante tres meses os veciños poderán consultar o Plan Xeral a través da páxina web do concello como na propia casa consistorial onde un técnico aclarará a quen o solicite as dúbidas que poidan ter. O goberno local anuncia tamén que se farán explicacións en locais públicos que serán anunciados no seu momento.
Un plan xeral que non contou co apoio da oposición no municipio. Dende o BNG de Soutomaior critican que o PP non buscara o consenso de veciños e oposición antes de someter o documento a aprobación inicial e aseguran que “este PXOM só serve aos intereses do PP e busca beneficiar aos de sempre” en palabras do portavoz nacionalista Fernando Herrero.
Aseguran os nacionalistas que este Plan Xeral “terá consecuencias nefastas para os veciños que verán como moitas das súas propiedades deixarán de ser edificables” e cualifican de lamentable que “logo de ter a Soutomaior 20 anos sumido no caos urbanístico, agora o PP pretenda aprobar un Plan Xeral en 5 días e sen permitir que os veciños tivesen acceso ao documento até hai unha semana.”
Critican tamén que Agustín Reguera “se refuxie nas alegacións que os veciños teñen que facer unha vez aprobado o Plan inicialmente. para ocultar que se trata dun plan moi agresivo cos terreos dos veciños, que non garante a perdurabilidade que se lle pide a calquera Plan de Ordenación, ao limitar a edificabilidade que figura nas normas subsidiarias.”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará