Hoxe é Venres 22 de Outubro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Fornelos convoca o II premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

RR_Noticias

O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe convoca a II edición deste premio co obxectivo de honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega. O premio, cuxo prazo de presentación remata o 31 de decembro, está dotado con 2.500 euros.

Poden concorrer a este certame as persoas que o desexen cos seus poemas escritos en lingua galega. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres cunha extensión mínima de 500 versos e máximo de 800.
Para participar deberanse enviar 4 exemplares da obra mecanografados sen remite identificador ao enderezo:
II premio de poesía Manuel Lueiro Rei
Concello de Fornelos de Montes
Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de montes (Pontevedra)
A dotación do premio será de 2.500 euros e o nome do gañador darase a coñecer o día 8 de marzo do vindeiro ano. A obra premiada publicarase dentro da colección de poesía Manuel Lueiro Rei da Editorial Sotelo Blanco.
O prazo de presentación de obras remata o 31 de decembro.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *