Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. recibe ao rochoso Lavadores

RR_Noticias

A bomboneira de Redondela acolle este sábado un interesante encontro de fútbol sala entre o equipo local e o actual líder da Liga Galega Sur, o Lavadores, que leva toda a competición sen coñecer a derrota. Os de Julio Mougán preparan esta semana o partido, que se xogará ás 16.15 horas no pavillón Municipal de Redondela.

Logo dun empate a pasada xornada no pavillón do Marcón, con remontada incluida, os redondeláns chegan á cita en boa forma. Están a asinar un comezo de liga espectacular, e son terceiros na táboa. Só están a catro puntos de distancia do Lavadores, pero o seu sistema de xogo é “completamente diferente”. A estratexia de Mougán pasa por un fútbol sala “físico”, pero sen esquecer o xogo técnico-táctico, ofensivo, un estilo que o público agradece, xa que ofrece “espectáculo”. Pola contra o Lavadores e un equipo que se basea nunha férrea defensa, de feito é o equipo menos goleado da competición, e só levan encaixado 11 tantos. O Redondela F.S. traballa esta semana os aspectos tácticos que lle poden dar resultado para abrir ocos nese “muro” e ter opcións de gol. Mougán é consciente de que “sobre o papel” os vigueses son favoritos, pero asegura que “darán a batalla”, polo que o Lavadores “terán que suar” os 40 minutos se quere levar un resultado positivo de Redondela.  

Julio Mougán adestrador
O técnico fala do atractivo sistema de xogo do Redondela F.S.
Redondela F.S.-Lavadores
Aínda que parten como favoritos os vigueses terán que pelexar para sacar un resultado positivo.
Estilos contrarios
O sistema de xogo dos dous rivais é oposta ante o xogo ofensivo do Redondela o Lavadores baséase nunha férrea defensa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará