Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida denuncia a “situación crítica” dos pacientes do CAMP de Chapela

RR_Noticias

Aseguran que as políticas de axuste do Estado e a introducción do copago para persoas dependentes está a afogar ás persoas nesta situación e poñen como exemplo os pacientes e familiares do Centro de Atención a persoas con discapacidade de Chapela (CAMP) “os cales dispoñen dunha renda media individual de 697.80 euros, e unha renda percapita familiar de 507.89 euros”.

Esquerda Unida solicita que tanto o Concello de Redondela como a Xunta e a Deputación actúen de cara a “blindar estes servizos” de vital importancia para garantir a saúde e benestar dos depedentes. No caso do CAMP de Chapela os afectados son 120 pacientes, dos que 100 dependen directamente do noso concello onde están empadroados. Esta blindaxe debería comprometer recursos económicos que permitan a adecuada execución dos programas. Recursos que ao entender de EU “deberían provir tanto dunha modificación orzamentaria no propio Concello, como no orzamento da Xunta é sobre todo no orzamento da Deputación de Pontevedra”.
Respecto do organismo provincial critican dende Esquerda Unida que se aposte por “proxectos prescindibles como os 70 campos de herba artificial que se levan instalado por toda a provincia os catro últimos anos” cando cos cartos que se gasta en cada campo -entre 300.000 e 1000.000 de euros- podería asegurarse que mais de 150.000 persoas non tivesen que aboar o copago dos medicamentos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará