Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco veuse superado por As Pontes

RR_Noticias

Presumíase un partido moi igualado, cos dous equipos empatados a puntos na táboa clasificatoria, pero foron os das Pontes os que levaron o triunfo por un 2-4. Tampouco houbo sorte na Segunda Autonómica, coa derrota do filial do Choco e os empates de Soutomaior e Arcade. Na Terceira Autonómica o derbi local saldouse con vitoria do Chapela no campo do At. Vilar.

Terceira División

Choco 2-4 As Pontes
Os de Jacobo Montes, que están a facer unha máis que meritoria primeira volta, non puideron cos das Pontes. Malia comezar gañando o partido, os visitantes foron quen de darlle a volta ao marcador en dous erros defensivos dos redondeláns. Logo, á contra, ampliou a súa renda e sentenciou cando o conxunto redondelán buscaba polo menos o empate. O Choco ocupa agora a 6º posición, na próxima xornada xoga no campo do Betanzos, afundido na parte baixa da táboa.
Goles: 1-0 Míchel. 1-1 Sergio. 1-2 Nano. 1-3 Iván. 2-3 Yeray. 2-4 Rizo.
Segunda Autonómica

Choco B 0-1 Gondomar
O filial do Choco baixa ata a 9ª posición do grupo, a próxima xornada visita o campo do Sampaio, da metade baixa da táboa
Vilanova 2-2 Soutomaior
Sorprendente resultado no que aos Soutomaior se lle escaparon dous puntos nos últimos instantes, xa que ata o minuto 85 gañaba 0-2. Segue na metade baixa da táboa, próxima xornada recibe ao Bueu, dous postos por riba deles
Campolameiro 1-1 Arcade
Reparto de puntos en Campolameiro, co que o Arcade segue na metade baixa da táboa. Na próxima xornada recibe ao Umia, que suma un punto menos
Terceira Autonómica

Cesantes 1-2 Sampaio
Os redondeláns non puideron co líder, que se fixo coa vitoria con tan só un gol de marxe. O Cesantes queda así na metade baixa da táboa, a próxima xornada xoga no campo do Cotobade, outro dos equipos fortes do grupo.
At. Vilar 2-3 Chapela
Derbi local con moitos goles ao que os dous equipos chegaban en diferentes condicións. E o Chapela, malia xogar como visitante, fixo valer a súa superioridade logo dun comezo de liga moi forte. Coa vitoria mantén a 4ª posición da táboa. O de Vilar, máis feble, está no ecuador da clasificación. Próxima xornada Chapela-Moledo e Coruxo B-At.Vilar.
Nespereira descansou, próxima xornada Nespereira-Oliveira, da parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará