Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha ampla axenda cultural e solidaria para a fin de semana

RR_Noticias

O festival de teatro, música e danza en solidariedade co Pobo Saharaiu que terá lugar esta mesma tarde no Multiusos é tan só unha das actividades previstas para unha completa fin de semana na que non faltará o humor coa Monologoterapia de Luís Zahera, a festa na I Oktoberfest de Redondela ou os magostos neste tempo de castañas en Reboreda e Saxamonde.

O Multiusos da Xunqueira acolle o venres un festival que contará cun espectáculo de improvisación teatral a cargo de Escuadra 17, a música do grupo Black Notes e baile coa danza do ventre da academia Alchemy. Está organizado pola delegación de Redondela da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, á que irán destinados todos os donativos que se recollan na gala.
Ademais durante toda a fin de semana baixo unha carpa instalada na Alameda celebrarase a I Festa da Salchicha Alemá de Redondela. Do mesmo xeito que na tradicional celebración xermana haberá salchichas e cervexas variadas, entre elas algunhas de fabricación 100% galega como a santiaguesa Peregrina. Unha actividade organizada pola empresa de eventos Carpas Campañó a beneficio do Club Deportivo Choco.
E mañá sábado ás 20:00 horas no Multiusos a Monologoterapia de Luís Zahera será a encargada de inaugurar unha nova edición do Festival de monólogos Lareta que organiza o Servizo de Normalización Lingüística. O prezo da entrada é de 4 euros para o público en xeral, dous euros xubilados e estudantes.
Completamos estas actividades coas citas que nos deixan algúns centros parroquiais neste tempo de castañas.  En Reboreda a Sociedade labrego Cultural organiza o sábado un magosto amenizado polo grupo Noites Meigas. A partir das 16:00 horas haberá xogos populares para nenos e maiores e a partir das 19:00 horas os asistentes poderán degustar as castañas de balde. En Saxamonde tamén o sábado o centro cultural Chan das Pipas proponnos unha xornada de canicas, castañas e gaitas que arrancará ás 17:00 cos xogos populares para a continuación proceder co reparto de castañas do Caurel. A cita gastronómica contará coa presenza do grupo de gaitas Aluarado de Vilar, as pandereteiras de O Viso e os grupos de baile Froles Mareliñas e Anaquiños que actuarán a partir das 19:30. Pola noite celebrarase o tradicional serán con reparto de chocolate e rosca para todos os asistentes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará