Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova pídelle ao pleno redondelán que esixa a construción do patio cuberto no CEP Santa Mariña

RR_Noticias

A agrupación local de Anova súmase ás críticas do BNG e amosa o seu total apoio ás demandas da comunidade educativa do centro, que demanda desde hai anos a construción dun patio cuberto no colexio. Unha instalación que Consellería de Educación rexeita por non ser “prioritaria”, ante o que Anova solicita un pronunciamento do alcalde e do pleno da corporación municipal.

A agrupación redondelá fai referencia ás declaracións realizadas polo Xefe Provincial da Consellería de Educación, César Pérez, na súa visita a Redondela, onde reiteraba a negativa por parte da Xunta á construción dun patio cuberto no CEP Santa Mariña ao non ser “absolutamente necesario”. Anova apoia as reivindicacións de toda a comunidade educativa do CEP Santa Mariña, que si entende prioritario esta instalación, xa que nos días de chuvia “non se poden realizar grande parte das aulas da materia de Educación Física,” o que supón “un ataque” ao dereito á educación que ten o alumnado. Por outra banda, defenden que a construción dun patio cuberto dotaría ao centro dunhas instalacións que lle permitiría ofertar outro tipo de actividades extraescolares, así como ter un espazo para o comedor escolar, que provisionalmente se está a realizar nun local do Concello fóra do centro educativo. No seu comunicado Anova Redondela tamén solicita ao alcalde Javier Bas que se pronuncie “sobre se apoia e comparte” as declaracións de Pérez Ares. Ademais instan ao pleno da corporación a “desautoricen publicamente” as declaracións do responsable da Xunta e que “esixan” a contrución desta instalación no colexio redondelán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará