Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A confraría despide a dous traballadores e non descarta novos axustes

RR_Noticias

O Patrón Maior de Redondela, Clemente Bastos recoñece a difícil situación pola que atravesa a entidade “logo de que se reducira notablemente a facturación” pero descarta que a crise actual poida provocar o peche da Confraría. Co obxectivo de sanear as contas a Xunta Xeral decidiu reducir o número de traballadores.

A crise azouta á confraría de pescadores “San Juan” de Redondela. A caída das vendas e, sobre todo, dos prezos do marisco provocou segundo explica o patrón maior do pósito, Clemente Bastos, que a facturación teña diminuído nun 50% nos últimos anos. Para evitar que o déficit da entidade vaia a mais no último mes a Xunta Xeral adoptou unha medida extraordinaria: reducir o  número de empregados despedindo a dous traballadores -unha administrativa e un vixilante- ante a imposibilidade de seguir mantendo os seus salarios. En principio esta é a única das medidas previstas para tentar recortar os custes logo de que xa se adoptaran outras medidas como “diminuír os gastos en combustible, coches e teléfono”. Medidas que non foron suficientes para sanear a entidade, polo que finalmente a Xunta Xeral optou por despedir a estas dúas persoas. Bastos recoñece tamén que se están a producir atrasos nos pagos á mariscadores e mariscadoras algúns dos cales denuncian que “tardan semanas en cobrar as súas vendas e incluso hai os que xa adoptaron a decisión de vender con outras confrarías por temor a non cobrar”. O patrón maior sen embargo traslada unha mensaxe de tranquilidade “xa que para nos o prioritario é pagar aos socios”. Sobre as críticas ao importante investimento que a Consellería do Mar está a realizar na construcción da nova lonxa de Cesantes malia a difícil situación económica da Confraría o patrón maior insiste en que “esta obra permitirá crear maior negocio en Redondela e polo tanto facilitará que unha vez estea en funcionamento saiamos da situación de crise que padecemos”.  

Clemente Bastos Patrón Maior
Despedimentos
Situación económica
Explica os motivos na caída dos ingresos
Atrasos nos pagos a maricadoras
Espera que coa reducción de persoas se poidan susanar so atrtasos
Futuro
Asegura que o futuro da Confraría está garantido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará