Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. empata na súa visita ao campo do Marcón

RR_Noticias

Reparto de puntos no pavillón Monte Carrasco nun encontro que rematou co resultado de empate a seis tantos no marcador. Os de Julio Mougán non puideron asinar a súa cuarta victoria consecutiva e sumar tres puntos que os terían distanciado na clasificación. Con todo, seguen mantendo a terceira posición aínda que con máis distancia cara os primeiros clasificados e cos equipos de abaixo recortando diferencias.

Partido moi físico o xogado onte en Pontevedra,  algo que ao entender do adestrador beneficiou ao Marcón durante os corenta minutos nun encontro no que os redondeláns non se atoparon a gusto en ningún momento, sendo incapaces de poñerse por diante no marcador.
Os choqueiros levarían o peso do encontro, sobre todo no que a posesión do esférico se refire, pero os locais amosaban máis perigo nas contras e nos desprazamentos longos, nun partido desordenado tacticamente feito que propiciaría os 12 goles do partido.
O mellor dos redondeláns foi que lograron remontar un marcador adverso que no primeiro minuto da segunda metade amosaba un 6-3 a favor do Marcón ata chegar ao empate a seis tantos ao rematar o partido.
Importante encontro o que se vai disputar na vindeira xornada na Bomboneira, cando o Redondela reciba ao líder da categoría, un Lavadores que se está a amosar intratable.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará