Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos na visita do Chapela a terras andaluzas

RR_Noticias

En división de honra o Chapela lograba un reparto de puntos na súa visita ao campo do Pozoblanco. Empate a 22 goles que deixa aos de Fran Teixeira na decimosegunda praza da calsificación cunha cita complicada e de máxima rivalizade na vindeira semana cando recibirán no pavillón de Chapela aos pontevedreses do Teucro. A SAR caeu pola mínima ante o Lucero, nun partido que rematou co resultado de 22-21 a favor dos de Cangas.

Unha vez máis o Solla&Cía Chapela quedou ás portas da vitoria. Partido defensivo moi bo o desenvolvido polos redondeláns que provocou que durante a primeira parte levaran o peso do encontro en todo momento e que puideran incluso dominar o marcador ata chegar ao descanso cunha vantaxe de dous goles, 11-13.
Na segunda parte as cousas mudaron cun maior protagonismo para os árbitros que provocaron que o Solla&Cia estivera en inferioridade de xogadores na maior parte do tempo, algo que foi aproveitado polos andaluces para se poñer por diante no marcador. Finalmente empate a 22 goles, reparto de puntos que sitúa ao Chapela no posto duodécimo. Máxima rivalidade e encontro complicado o que teñen os de Teixeira na vindeira fin de semana, reciben ao Teucro, cuartos da clasificación.
SAR Plastic Omnium
Difícil encontro tamén o que tiña a SAR esta fin de semana con partido fora da casa e contra un dos rivais máis fortes da categoría, o Luceros, que actualmente ocupa a segunda praza a tan só un punto do lider. A piques estiveron os de Redondela de dar a sorpresa xa que aínda que perderon fixérono pola mínima, 22 goles para os cangueses do Lucero 21 para a SAR.
Situados no sexto posto da clasificación na vindeira semana visitan o campo do Oar Coruña, o seu inmediato perseguidor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará