Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS consolídase nos postos altos da clasificación logo da súa cuarta vitoria consecutiva

RR_Noticias

Os de Julio Mougán volvían vencer nesta fin de semana nun partido ante o Mondariz que segundo o adestrador “non pasará á historia no que a nivel de xogo se refire”. Partido disputado no pavillón de Pazos de Borbén, pista que emprega o Mondariz por ter o seu pavillón en obras, e que remataba co resultado de 2-4 a favor dos redondeláns.

O Redondela encadea súa cuarta victoria consecutiva, o que lle fai manter de momento a terceira posición na categoría. Os de Julio Mougán mantiveron a súa vantaxe no marcador praticamente durante todo o encontro. Xa no minuto 8 Tizón adiantábaos no marcador aínda que tres minutos despois empataría Mondariz. Sen tempo case para asimilar este tanto Juan volvería a por o Redondela por diante, e con este resultado se chegaría o descanso. Nestes primeiros vinte minutos malia non desenvolver un gran xogo, os de Redondela gozaron de ocasións moi claras para irse os vestiarios cunha vantaxe maior.
A segunda parte foi de dominio local, o Mondariz fixo méritos para empatar pero a sorte estivo de cara aos redondeláns que lograron o definitivo 2-4.
Cómoda posición polo tanto para os de Mougán que se sitúan na terceira praza da categoría. Repiten encontro como visitantes na próxima cita, nun partido que disputarán no campo do Marcón.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará