Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aposta pola creación dun mercado social galego

RR_Noticias

O noso concello será protagonista dun dos encontros que durante esta fin de semana se van desenvolver en diferentes concellos da comunidade co obxectivo de reunir entidades, cooperativas, persoas e asociacións interesadas no proceso de creación dun mercado social galego nas comarcas do sudoeste de Galiza. O encontro terá lugar o domingo 10 de novembro entre as 17:00 e as 20:00 horas na Casa da Cultura.

Estes encontros, que se celebrarán entre o 9 e 11 de novembro por todo o país, buscan estabelecer as bases para a creación dun mercado social galego. No acto de Redondela cotarase coa presenza de Fernando Sabín, sociólogo, socio traballador da cooperativa Andaira e unha das persoas impulsoras do mercado social en Madrid.
O proxecto está financiado pola subdirección xeral de cooperativas e economía social da Xunta de Galicia e a participación non precisa inscrición previa.
As cooperativas Trespés, Hábitat Social, Panxea e Zocamiñoca impulsan este proceso orientado a asentar as bases dun mercado social galego ante “a manifesta necesidade de cambio de modelo social, económico e medioambiental que se evidencia na proliferación de inxustizas e desequilibrios sociais e no elevado grao de depredación da natureza que vivimos”. Os participantes pretenden artellar vías de cambio e emancipación vital a través de procesos comunitarios, tamén na produción, distribución e consumo de bens e servizos.
Este proceso aberto de creación colaborativa traballará en tres eixos: análise crítica do modelo actual, definición dos criterios de pertenza ao mercado social e investigación sobre os seus modos de implantación.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará