Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mercedes do médico luso secuestrado permaneceu dous días estacionado na Canteira

RR_Noticias

O coche do médico luso que o Canceliñas e o seu cómplice secuestraron o pasado xoves en Portugal permaneceu estacionado na zona de A Canteira en Redondela ata a xornada de onte. A policía decidiu retiralo logo de dous días sen que os delincuentes deran sinais de vida. As forzas de seguridade puxeron en marcha un dispositivo especial o pasado venres logo de que o vehículo de alta gama fora localizado entre unhas silvas.

O vehículo de alta gama do médico luso que o Canceliñas e o seu cómplice secuestraron o pasado xoves en Portugal foi localizado xa na xornada do venres logo de que coñecese tamén que os delincuentes obrigaran ao seu secuestrado a retirar cartos dun caixeiro automático no noso concello.
Horas despois a Garda Civil localizaba o Mercedes na zona de A Canteira, un feito que non transcendeu ata onte domingo, xa o obxectivo dos axentes era vixiar o vehículo á espera de que o Canceliñas e o seu socio volveran a recuperalo e poder así proceder a súa detención. Con todo, e logo de dous días de espera a Garda Civil decidiu proceder á retirada do vehículo.                      
As forzas de seguridade barallan a hipótese de que os captores fuxiran nu n BMW a Portugal. Lembramos que o médico secuestrado foi liberado despois de 22 horas de cativerio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará