Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco consolídase na zona alta da táboa

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes continúan coa súa boa serie de resultados logo de gañar pola mínima no campo do Laracha. Un gol de Manu Lojo foi suficiente para levar os tres puntos que os sitúan na 6ª posición da táboa da Terceira División. Peores foron os resultados na Segunda Autonómica, cun empate do Soutomaior e as derrotas de Choco B e Arcade.

Terceira División
Laracha 0-1 Choco
Un tanto de Manu Lojo, nun disparo desde a frontal que tocou nun defensa e descolocou a Damián, serviulle ao Choco para levar o tres puntos do campo dun Laracha que acumula catro derrotas e un empate nos últimos cinco partidos. Era o minuto 26, e non fixo falta máis. Cunha formulación moi seria e sen conceder moitas ocasións, o equipo de Jacobo Montes confírmase como unha das grandes revelacións da tempada e segue instalado nos postos altos de táboa. O Laracha, ao que lle faltou velocidade co balón e desborde para superar á zaga local, tratou até o final de salvar un punto nalgunha acción a balón parado, pero non o conseguiu. A vitoria permite ao Choco seguir soñando, e xa preparan o próximo encontro, que será o domingo en Santa Mariña diante de As Pontes, co que están empatados a puntos.
Segunda Autonómica

Teis 2-0 Choco B
Os redondeláns baixan ata a 7ª praza do grupo logo de perder no campo do Teis. A próxima xornada reciben ao Gondomar, un dos equipos fortes e que é 3º do grupo.
Figueirido 2-2 Soutomaior
Reparto de puntos que mantén ao Soutomaior na 11ª posición da táboa. A próxima xornada volven xogar fóra, visitan o campo do Vilanova, afundido na parte baixa da clasificación.
Arcade 0-2 Pontevedra
O Arcade non foi quen de tirar un resultado positivo do seu encontro co Pontevedra, e baixa unha posición na táboa, ata a 13ª. Na próxima xornada visitan o terreo do líder, o Campolameiro.
Terceira Autonómica
Cesantes descansou, próxima xornada recibe ao líder, o Sampaio.
Chapela 3-2 Fortuna
O Chapela comezou forte esta liga e mantén a 4ª posición da táboa logo de impoñerse ao pechacancelas, o Fortuna, nun encontro con moitos goles. A próxima xornada dispútase o derbi local, co At.Vilar-Chapela.
Miño 3-1 At. Vilar
O Miño, líder do grupo, sentenciou o partido no primeiro tempo, anotando tres goles, dous obra de Marcano e Gonzalo, e o terceiro en propia porta por un erro dos redondeláns. OS de Vilar serán os anfitrións dun derbi ao que chegan máis febles que os de Chapela, suman 6 puntos menos ca eles neste inicio da liga.
Louredo 1-7 Nespereira
Os de Pazos protagonizaron outra goleada a domicilio, e son, con moito, o equipo máis anotador do grupo. A vitoria lévaos ata o 3º posto do grupo, e a próxima xornada descansan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará