Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de formación para coidadores

RR_Noticias

A Concellería de Igualdade, Servizos Sociais e Sanidade de Soutomaior organiza dous cursos de formación no Centro Multiusos de Arcade. Está aberto xa o prazo de inscrición tanto no curso de primeiros auxilios no fogar de 10 horas de duración como no curso de mobilización de enfermos dependentes de 20 horas de duración. As prazas son limitadas e as inscrición deben realizarse no CIM ou no teléfono 986701227. Ámbolos dous cursos serán impartidos por Cruz Vermella.

O curso de mobilización e cambios posturais ten por obxectivo capacitar aos coidadores de persoas dendentes para que poidan efectuar as técnicas de mobilización e posicionamento dunha persoas en función do seu grao de dependencia. Impartirase os
martes e venres en horario de mañá de 10:00 a 12:30 horas. O prezo é de 10 euros para os empadroados, 20 euros é o que terán que abonar os que non o estean.
Por outra banda o curso de primeiros auxilios no fogar desenvolverase os xoves en horario de 17:00 a 19:30 horas. O prezo é de 10 euros para persoas non empadroadas mentres que os empadroados terán que abonar tan so 5 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará