Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER alerta dun posible efecto dominó logo da retirada de dúas terrazas na praza de Santiago

RR_Noticias

A denuncia dun veciño propiciou a retirada dos toldos por carecer da licencia municipal prevista na Ordenanza reguladora das terrazas. Unha ordenanza que ao entender da Agrupación de Electores “é imposible de aplicar” polo que podería dar lugar a que “se multipliquen as denuncias dos veciños que obriguen aos hostaleiros a retirar mesas e cadeiras da vía pública”. O PP defende a normativa que segundo o edil de interior Arturo González “estamos a aplicar cunha alta dose de didáctica”.

AER critica ao goberno local pro ter aprobado unha “normativa de terrazas imposible de aplicar”. Aseguraba o edil Alfonso Blanco que a maior parte dos puntos recollidos nesta ordenanza municipal non están sendo aplicados porque se trata dunha normativa pensada para Vigo e non para Redondela. Engaden que esta situación, que se viu agravada días atrás logo de que o concello obrigada a dous locais de hostalaría a retirar as súas terrazas na praza de Santiago, está a provocar “unha elevada incerteza no sector xaque os hostaleiros non saben si lle van retirar ou non as terrazas”. Alertan ademais dun efecto dominó que podería provocar que se multiplicasen as denuncias xa que para os propietarios dos locais é practicamente imposible cumprir as normas recollidas na normativa municipal. Mentres dende o PP, o edil de interior defendía unha ordenanza que segundo dixo “está dando resultados máis lentos dos que esperabamos debido a que non se poder regular dun día para outro un sector que non se regulou nunca”. Engadía que a norma estase aplicando cunha alta dose de didáctica.  

Alfonso Blanco "Pochi" AER
O edil asegura que os hostaleiros atópanse nunha situación de incerteza sobre o futuro das súas terrazas
Arturo González Concelleiro de Interior
Os populare aaseguran que a normativa está a aplicarse pero que é difícil regular un sector que nunca tivo normas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará