Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rebélase contra o copago de fármacos hospitalarios

RR_Noticias

O pleno municipal aprobou unha moción do BNG na que se solicita a derrogación do novo copagamento para medicamentos que se dispensan a través das farmacias hospitalarias a persoas doentes crónicas non hospitalizadas. A proposta contou co apoio dos grupos da oposición, non así o PP quen xustificou o copago “por tratarse de reformas necesarias para manter o servizo”.

A Concelleira de Servizos Sociais, Teresa París foi a encargada de defender en sesión plenaria o apoio do seu grupo ao copagamento de medicamento para as persoas doentes crónicas non hospitalizadas aprobado polo goberno do Estado. Unha medida que afecta a persoas con doenzas graves como cancro, tumores, leucemia, hepatite C, artrite reumatoide ou dexeneración muscular cuxos medicamentos deixan de ser dispensados sen custo, polo que terán que pagar o 10% até o límite de 4,20 euros. Unha medida que os populares defenden “porque non se trata de recortes, senón de modificacións necesarias para manter o servizo” Unha cuestión que chegaba ao pleno da man do BNG quen alerta de que “este cofinanciamento busca a privatización do servizo” e lembra que os afectados son pacientes na maioría dos casos polimedicadas para os cales este novo repago supón unha carga moi importante na súa economía. Unha modificación aprobada polo executtivo de Rajoy que a nacionalista Cecilia Pérez Orge cualificaba de “inhumana, discirminatoria e inxusta”. Dende o POSE criticábase ao PP por adoptar medidas “que están acabando coa sanidade universal e gratuíta” medidas como o copago dos pensionistas, a exclusión de fármacos dos medicamentos financiados ou agora este repago para os enfermos crónicos que ademais “non están a reducir en ningún caso o gasto farmaceutico”. Os votos a favor de PSOE, BNG e AER permitiron que saíra adiante esta moción en virtude da cal se lle solicitará á Xunta e ao goberno estatal que derrogue a norma estatal que establece o pago compartido de medicamentos que se fornecen a enfermos crónicos en centros sanitarios.  

Cecilia Pérez BNG
Defendía a moción por tratarse dunha medida inxusta
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas denuncian que medidas como estas están a acabar coa sanidade universal e gratuíta
Alfonso Blanco Pochi AER
O edil de AER tamén entende que a medida ven empeorar aínda máis as febles economías dos veciños
Teresa París PP
A edil de Servizo Sociais entende que medidas como esta son necesarias para garantir o sistema de saúde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará