Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela viaxa a Pozoblanco buscando o desquite da eliminatoria na Copa do Rei

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira preparan esta semana un difícil encontro na División de Honra Prata. O sábado visitan a pista do Pozoblanco, equipo afundido na parte baixa da táboa pero que eliminou ao Chapela na primeira ronda da Copa do Rei. Os redondeláns viaxan a Córdoba o sábado coa esperanza de que os andaluces acusen a participación copeira.

Os pupilos de Teixeira traballarán esta semana “como se non existira a Copa do Rei”, concentrados no único obxectivo de sacar un resultado positivo na súa visita a Pozoblanco, que será un dos seus rivais pola permanencia. As sensacións no equipo de Chapela son boas, sobre todo logo do resultado da pasada fin de semana cunha vitoria sobre o Benidorm, un dos equipos máis fortes da liga. Os dous puntos levan ao Chapela á 12ª posición na táboa, e son un punto de inflexión para seguir medrando na categoría. O adestrador amósase satisfeito co rendemento do equipo, que está a competir “a bo nivel” e lamenta os axustados resultados que os privaron de sumar máis puntos, con varias derrotas por un gol e un empate no que tamén pesaron as decisións arbitrais. Agora viaxan a Córdoba co obxectivo de arrancar algún punto no Pavillón Municipal Juan Manuel Sepúlveda, agardando que os andaluces acusen o desgaste da eliminatoria de Copa do Rei, que xogarán mañá mércores diante do Villa de Aranda.  

Fran Teixeira adestrador
O técnico amósase satisfeito do rendemento do equipo que está a competir a un bo nivel.
Pozoblanco-Solla&Cía Chapela
Os redondeláns viaxan a Córdoba co obxectivo de sumar un resultado positivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará