Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello retira as palmeiras da rúa Alfonso XII

RR_Noticias

A edil de parques e xardíns, Mª José Barciela, xustifica a decisión do goberno polo pouco espazo do que dispoñían estas árbores “por estaren plantadas sobre o piche” o que impedía o seu crecemento e provocaba incluso desperfectos no firme. As palmeiras foron trasladadas ao paseo na praia de Cesantes “un lugar máis axeitado para elas”.

Moitos son os redondeláns que estes días se preguntan onde están as árbores que ata hai pouco se podían ver na rúa Alfonso XII, tanto diante dos soportais da Casa Consistorial como na beirarrúa de enfronte xunto a oficina de Caixanova. En total 8 palmeiras que foron trasladadas á praia de Cesantes e plantadas novamente ao carón da caseta de Protección Civil.
A concelleira de parques e Xardíns Mª José Barciela xustifica esta decisión porque “as raíces das palmeira, ao estaren plantadas sobre o piche, non tiñan cara onde crecer e estaban provocando a rotura das xardineiras e incluso causando desperfectos no propio firme”.
Estes días os operarios traballan cubrindo con pedra o lugar que antes ocupaban as palmeiras xa que o goberno local optou por “non substituír as árbores e deixar a totalidade da beirarrúa libre para facilitar o paso dos peóns”.
Barciela asegura que o problema detectado con estas palmeiras afecta tamén ás rotondas “onde se colocaron plantas practicamente enriba do cemento, sen terra suficiente para que boten raíces”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará