Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aparatoso accidente sen feridos no Scalextric

RR_Noticias

Un turismo Peugeot 307 precipitouse no mediodía de hoxe por un terraplén na intersección das estradas N-550 e N-552 á altura da sala de festas Bolero. Ata o lugar desprazáronse membros da Policía Local e o Grumir aínda que a súa intervención non foi necesaria ao saír polo seu propio pe o condutor do vehículo, un veciño de Redondela de 48 anos de idade.

Era a unha da tarde cando na oficina da Policía Local recibían o aviso dun accidente que se acababa de producir na intersección N-550 e N-552 ao caer por un terraplén un turismo Peugeot 307.
Ata o lugar do suceso trasladáronse os axentes tanto da Policía Local como do Grumir alertados pola posibilidade de que o condutor do vehículo estivese atrapado no seu interior, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención xa que o home F.S.M.N. veciño de Redondela de 48 anos de idade xa saíra polo seu propio pé do interior do vehículo. Todo apunta a unha velocidade excesiva como causa do sinistro no que tan só hai que lamentar danos materiais tanto no vehículo como en varias das infraestruturas viarias.
A Policía Local informa tamén da recuperación dun Volkswagen Golf propiedade dunha veciña de Vigo que foi localizado nas mesas da área de esparcemento do monte de Cedeira. O vehículo estaba practicamente despezado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará