Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha veciña de Redondela por conducir baixo os efectos do alcol

RR_Noticias

A detención produciuse ás 19:45 horas de onte na rúa Ernestina Otero logo de que o vehículo conducido por C.C.P., veciña de Redondela de 65 anos de idade colidira contra un vehículo estacionado. A muller triplicaba a taxa de alcol permitida ao volante.

Os feitos producíronse ás 19:45 horas de onte cando un Peugeot 406 se saída da vía na rúa Ernestina Otero e colidía contra un Dacia Sandero que se atopaba estacionado nun lateral do vial. Unha vez no lugar os axentes apreciaron síntomas de alcoholemia na condutora do vehículo, unha muller veciña de Redondela de 65 anos de idade, polo que procederon a facerlle a proba correspondente.
O test de alcoholemia que se lle practicou deixou un resultado de 0,86 e 0,83 miligramos por litro de aire expirado, tres veces máis do permitido, polo que o muller foi detida e trasladada á comisaría da Policía en Vigo. Enfróntase a unha sanción que podería supoñer a retirada do carné de conducir e unha multa económica entre 800 e mil euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará