Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos delega a recollida de lixo na deputación

RR_Noticias

A maioría do PP en Pazos de Borbén sacou adiante o traspaso de competencia na recollida de lixo, que pasa agora a mans da deputación. Os concelleiros non adscritos do concello critican que o municipio se “adhira a este convenio a cegas, descoñecendo os custos que vai ter xa que no propio texto do mencionado convenio, recóllese que os custos serán cubertos cunha taxa que fixará a Deputación nunha futura Ordenanza Fiscal Provincial aínda por definir”.

Os edís da oposición aseguran que este cambio vaise traducir nun incremento da taxa do lixo que ata o de agora pagan os veciños da localidade motivo polo que se mostran “radicalmente contrarios a esta medida”. A Asemblea Nacionalista de Pazos entenden que a decisión tomada en solitario polo PP é “unha irresponsabilidade absoluta” porque leva ao Concello a asinar un convenio descoñecendo os custos que vai ter, custos que finalmente pagarán os veciños e veciñas e porque ao baleirar de servizos o Concello “pon en dúbida a súa necesidade, reforzando, pola contra, a anacrónica Deputación”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará