Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Federación busca apoios na oposición para recuperar representación nos Consellos parroquiais

RR_Noticias

Aseguran contar co apoio dos tres grupos que conforman a oposición, AER, BNG e PSOE de cara a recuperar a representación das Asociación de Veciños nos consellos parroquiais tanto de Chapela como de Cedeira, unha representación que segundo denuncia recortouse a raiz das “interpretacións torticeiras” que o goberno local fai do regulamento que rexe estes órganos consultivos.

A federación de veciños asegura que os grupos da oposición responderon positivamente ás súas demandas xa que “a diferencia da postura do alcalde e dos representantes do PP, as tres formacións entenderon as nosas reivindicacións e mostraron a súa disposición a presentar e estudar o apoio a unha moción nun pleno na que se recollan as nosas demandas”.
Neste sentido ademais de reclamar que se devolva ás asociación de veciños de Chapela e Cedeira o número de representantes que nos consellos parroquiais contaban no pasado e que o goberno local mermou a favor doutras asociacións, solicitan que se reprobe en pleno a actitude Concelleiro Miguel Angel Álvarez Ballesteros polo seu comportamento como presidente do Consello Parroquial de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará