Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A fazaña da liberdade” achega a vida de Alexandre Bóveda ao Multiusos

RR_Noticias

A Asociación Cultural Alén Nós e o Colectivo Republicano de Redondela organizan a proxección do documental biográfico sobre a vida de Alexandre Bóveda, “A fazaña da liberdade” de David Senén Outeiro e a productora Filmika Galaika. Un acto aberto que terá lugar o xoves ás 20:30 horas no auditorio do Multiusos da Xunqueira.

“A fazaña da liberdade” é un documental que amosa o periplo vital dun dos personaxes mais influíntes e tamén más descoñecidos para a inmensa colectividade de Galiza. O seu director David Senén reconstrúe a vida e actividade de Alexandre Bóveda (1903-1936), comezando no seu Ourense natal onde Bóveda nace, é mozo e faise home, ate a chegada á súa “amada Pontevedra” e posterior exilio, e finalmente o dramático final do protagonista. O documental é concibido coma unha visión áxil pero sen deixar de afondar no conflicto.
Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista e ante todo, bo e xeneroso, “entregado á causa galega”, como el gustaba dicir, facetas todas elas que son recollidas neste documental.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará