Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER rexeita participar dunha reunión sobre a cementeira de Vilar por excluír á familia afectada

RR_Noticias

Critican ao goberno local por non permitir a presenza nesta reunión dun veciño “que leva sufrindo unha inxustiza durante 24 anos” e anuncian que non acudirán a ningunha xuntanza sobre a cementeira de Vilar na que a familia Crespo non estea representada. Por outra banda, organizan este venres un magosto reivindicativo baixo o nome “Castañazo á cementeira”.

A Agrupación de Electores critica que o alcalde Javier Bas non permita a presenza da familia Crespo nunha xuntanza que estaba previsto se celebrase xunto coa secretaria municipal e o avogado do Concello co obxectivo de “afrontar información e argumentos sobre o problema da cementeira de Vilar”. Cualifican a decisión do alcalde de “falta de respecto” ao non permitir a presenza dun veciño que “leva sufrindo unha inxustiza durante 24 anos”.
Por este motivo, AER anuncia que “non vai participar en ningunha reunión sobre a cementeira onde non se lle permita acudir a unha parte tan importante neste proceso como é a familia Crespo” e lamentan a “pouca valentía e obscurantismo do alcalde e dos seus servizos xurídicos” por non aceptaren a celebración desta reunión conxunta. A Agrupación de Electores entende que con esta actitude “demostran outra vez un nulo interese en buscar unha solución que remate coa actividade ilegal desta empresa”.
A Agrupación de Electores celebra este venres un magosto reivindicativo ao que convidan a toda a cidadanía e movemento asociativo de Redondela. Unha actividade que organizan baixo o nome “Castañazo á cementeira” que se fará o día 25 a partir das 18:00h na pista de acceso á cementeira e á casa da familia Crespo, en Vilar de Infesta, fronte ao colexio de Porto-Cabeiro. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará