Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela recibe ao Pozoblanco na primeira eliminatoria da Copa do Rei

RR_Noticias

Esta fin de semana o pavillón de Chapela acolle a eliminatoria da Copa do Rei de balonmán que enfrontará ao Solla&Cía co Pozoblanco. Trátase do primeiro cruce da primeira rolda, e xógase a partido único. Nesta primeira eliminatoria participan todos os equipos da División de Honra Prata Masculina. Será o sábado ás 18.30 horas.

O resto de emparellamentos son BM Servigroup Benidorm – SD Teucro, MMT Seguros Zamora – Go Fit Sinfín, Meridiano Antequera – BM Alcobendas, Calmec Barakaldo – BM Torrelavega e Bordils – Academia Octavio. Os oito gañadores destes partidos pasarán a unha segunda rolda onde entrarán oito dos equipos de Asobal, os tres recentemente ascendidos e os cinco peor clasificados dos que permaneceron, tras a cal se xogarán os oitavos de final cos oito primeiros da Asobal 12-13. O técnico do Chapela, Fran Teixeira, aafronta o partido copeiro con Anxo, Fabián e Chema lesionados. Con todo, asegura que afrontarán a Copa coa intención de “gozala” sen a tensión da liga, e coa intención de pasar para que visite Chapela un equipo de Asoba”. Pero se perden non haberá lamentos. Entre as vantaxes, ademais do aforro, estará o descanso na fin de semana do 27 de novembro. O partido será o sábado, ás 18.30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará