Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Servizos Sociais anuncia a próxima publicación das axudas para o comedor escolar

RR_Noticias

A edil Teresa París asegura que o atraso na convocatoria destas axudas responde a unha demora na elaboración dun informe por parte do servizo de intervención. Rexeita as críticas do BNG que os acusaban de “falta de interese” neste asunto aínda que asume que para vindeiras convocatorias deberán axilizar a tramitación destas bases.

A concelleira manifestou o seu compromiso de axilizar no futuro a convocatoria destas axudas municipais que supoñen un gran apoio para os seus beneficiarios. Nalgúns casos e dependendo da situación do solicitante poden asumir ao 100% o custe do comedor escolar asegurando así que os nenos poidan acceder a estes menús de xeito gratuíto. Explicou a edil que o atraso non responde á falta de interese do goberno local, tal como denunicara o BNG, senón a demora dos trámites necesarios para sacar adiante as bases destas subvencións. Teresa París confía en poder publicar en breve as bases que rexerán estas axudas unha vez que se superaron os atrancos burocráticos. Por outra banda, o Fondo galego de Cooperación do que forma parte o noso concello inaugura esta tarde en Chapela unha exposición que se poderá visitar no multiusos do Piñeiral ata finais de mes. A mostra está integrada por diferentes paneis nos que se fai un percorrido polos Obxectivos do milenio. A exposición inaugúrase na xonrada na que se conmemora o Día internacional pola erradicación da pobreza.  

Teresa París edil de Servizos Sociais
Axudas para o comedor escolar
Exposición Obxectivos do milenio
A mostra poderá visitarse ata finais de mes en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará