Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de inglés e fotografía en Soutomaior

RR_Noticias

A Oficina Municipal de Xuventude deste concello ten aberto o prazo de inscrición para participar de diferentes actividades enmarcadas dentro do seu programa formativo. Entre as máis inmediatas atopamos un curso avanzado de fotografía e un curso teórico práctico de inglés. Impartiranse no Multiusos de Arcade e a inscrición debe facerse na OMIX ou no teléfono 986 700822.

As persoas interesadas en perfeccionar o seu nivel de coñecemento en torno á fotografía, teñen a posibilidade de achegarse a un curso avanzado de 40 horas de duración completamente gratuíto enmarcado dentro do programa Actívate da Deputación. Unha actividade orientada a mozos e mozas de idade comprendida entre os 16 e os 35 anos, aínda que no caso de que sobren prazas daráselle entrada tamén a persoas de maior idade. Teñan tamén en marcha un curso de inglés teórico práctico que ten por obxecto que os alumnos teñan un primeiro contacto coa lingua inglesa e que perdan o medo a se expresar neste idioma. Traballarase a comprensión e expresión oral en situación cotián. Neste caso a actividade que ten unha duración de 40 horas e que se imparte os luns e xoves en horario de 17:00 a 19:00 horas ten un custe de 25 euros para empadroados no municipio, 60 para os que non o estean.  

Sonia Pintos OMIX Soutomaior
Actividades formativas en Arcade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará