Hoxe é Martes 28 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

As obras de construcción da nova lonxa de Cesantes arrancarán na vindeira semana

RR_Noticias

O patrón maior da confraría Clemente Bastos reuniuse onte cos técnicos da Xunta e a empresa que executará as obras cuxo orzamento ascende a 724.259 euros. O prazo de execución é de nove meses polo que o edificio debería estar en funcionamento no verán do vindeiro ano. Mentres duren as obras os mariñeiros contarán cunha carpa provisional instalada no aparcamento.

As obras supoñen a demolición do edificio existente que será substituído por outro de maior tamaño con instalacións máis modernas. A actuación, promovida pola Consellería do Medio Rural e do Mar a través de Portos de Galicia conta cun orzamento de 724.259 euros, que se financiarán nun 75 por cento polo Fondo Europeo de Pesca mentres que o 25 por cento restante procede de recursos propios.
O edificio terá 680 metros cadrados distribuídos en dous andares. Na parte baixa instalaranse as dependencias propias da actividade pesqueira e marisqueira como a zona de poxas e oficinas de venda, vestiarios, almacén e cámaras de frío e conxelado. Na parte superior está previsto instalar as oficinas, unha sala de usos múltiples, unha terraza e outros servizos.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *