Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A marea vermella obriga a aprazar a festa do mexillón

RR_Noticias

A Asociación de hostaleiros de Arealonga, organizadores da cita gastronómica que ía ter lugar esta fin de semana en Chapela, confían en que a festa se poida celebrar a finais de novembro ou principios de decembro, unha vez desapareza a toxina que obrigou a pechar todos os polígonos de bateas en Galicia así como varios bancos marisqueiros.

A festa do mexillón en Chapela ofrece aos visitantes “o mellor produto da ría, un mexillón de grandes dimensión, recen recollido das bateas e de primeira calidade” en palabras do presidente da asociación organizadora, Jesús Fernández. Un produto que se ía poñer á venda esta mesma fin de semana nunha cita que ven de ser aprazada sine die, á espera de que desapareza a marea vermella que obrigou decretar o peche a semana pasadas de varios polígonos bateeiros de Galicia, un peche cautelar que dende onte afecta a toda a comunidade co peche tamén dos último dos polígonos que permanecía aberto na ría de Vigo. Agora o que resta é cruzar os dedos para que este virulento episodio de toxina se supere canto antes para que bateeiros e comercializadores poidan salvar a Campaña de Nadal. Jesús Fernández lembra que consonte se achegan as datas de Nadal multiplícanse as comidas de empresa e citas familiares que en tempos de crise botan man “dun produto de calidade pero máis económics respecto doutros mariscos como é o mexillón”. A marea vermella asóciase aos mexillón aínda que o episodios que se está a vivir estes días ten salpicado tamén aos bancos de mariscos de ameixas, berberechos e navallas.  

Jesús Fernández presidente organización
Explica que a medida é tan so un aprazamento
Virulencia da marea vermella
O peche afecta a toda Galivia
Salvar a campaña de nadal
Confían en que os polígonos se abran en 15 días

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará