Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Froles Mareliñas chama á solidariedade dos veciños de Chapela para axudar a Jessica Alvarez

RR_Noticias

“Recordos” é o título do espectáculo benéfico que a asociación organiza a favor desta moza da parroquia co obxectivo de recadar fondos para afrontar dous gastos importantes para o seu día a día: a adquisición dun guindastre para a ducha e a compra dunha batería para a súa cadeira de rodas. O prezo da entrada para asistir a esta cita solidaria custa 3 euros.

A asociación Froles Mareliñas de Chapela organiza este sábado un festival solidario no Multiusos do Piñeiral. O obxectivo é recadar fondos para unha veciña da parroquia, Jessica Alvarez, para así poder axudarlle a adquirir algúns obxectos moi necesarios no seu día a día como unha batería para a súa cadeira de roda e un guindastre que facilite o baño da moza, quen padece parálise cerebral. O prezo da entrada é de 3 euros e o aforo está limitado ás 210 prazas do Multiusos. Ademais hai habilitada unha fila cero para aquelas persoas que non poidan acudir ao festival pero queiran colaborar con este acto solidario. Os interesados poden adquirir as entradas na sede de Froles Mareliñas, en facebook ou a traves de calquera membro da asociación. Modesto González Tito confía na solidariedade de todos os veciños para encher o multiusos o vindeiro sábado ás 21:00 horas e anima tamén a asistir a un espectáculo que promete ser entretido e animado.  

Modesto González Tito
O obxectivo do festival é recadar fondos para Jessica Alvarez
Encontros
Un espectáculo para todos os públicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará