Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As familias en risco de exclusión poderán acceder ás axudas nun prazo máximo de 30 días

RR_Noticias

A nova ordenanza de prevención da exclusión social posta en marcha polos Servizos Sociais de Redondela, aprobada de xeito unánime por todos os grupos, permite tramitar expedientes con necesidade de trato urxente para que os solicitantes poidan acceder ás axudas que precisen nun prazo máximo de 30 días. Inclúe medidas orientadas a evitar os desafiuzamentos ou os cortes nos subministros máis básicos nas vivendas.

Esta ordenanza recolle como recursos máis destacables axudas para necesidades básicas, tamén para evitar os desafiuzamentos tanto provintes dos alugueres coma dos impagos hipotecarios, axudas para evitar o corte nos suministros máis básicos e outras dirixidas a mellorar a accesibilidade de vivendas. Contémplanse tamén axudas para afrontar gastos médicos de materiais de apoio coma prótesis.
Tanto o departamento de Servicios Sociais de Redondela como o de Chapela están a dar curso a novos expedientes, que unha vez comprobado que cumpren cos requisitos esixidos para o acceso as axudas, póñense de forma urxente en trámite. Os solicitantes deben aceptar e asinar un itinerario de inserción personalizado, que permite os Servicios Sociais facer un seguimento e ao mesmo tempo focalizar as axudas de xeito máis persoal. Estes itinerarios deséñanse polas traballadoras sociais e permiten un maior grao de implicación dos usuarios na xestión dos seus problemas.
Toda a información sobre as bases, requisitos e axudas pódese atopar na web dos servicios sociais municipais, e para iniciar os trámites é recomendado pasar por calquera das dúas oficinas, en Isidoro Queimaliñoz ou nos baixos do pavillón de Chapela, onde lles darán cumprida información do contido da ordenanza.
Dende a Concellería de Servicios Sociais , Muller e Igualdade, vese esta ferramenta como una nova garantía para os cidadáns con necesidades e situacións de vulnerabilidade alta, poñendo aínda máis preto o traballo social das persoas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará