Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Convocan o concurso fotográfico “Teta con amor e humor”

RR_Noticias

A asociación Maimiña convoca este concurso co obxectivo de promover a lactancia materna. O único requisito para participar é ter máis de 16 anos e enviar as súas fotografías en branco e negro ou cor ao correo electrónico concursofotograficomaiminha @gmail.com antes do 20 de outubro.

A través deste concurso fotográfico, que leva por título teta con amor e humor,  a Asociación Maimiña quere difundir a labor de apoio á lactancia materna así como abrir as súas actividades a persoas non socias. As persoas participantes poderán enviar un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou cor pero non manipuladas dixitalmente. O premio consisten nun lote de produtos por valor de 100 euros. A entrega do mesmo terá lugar o día 13 de decembro na Casa da Torre co gallo da presentación do calendario Maimiña 2014 no cal estará representada a foto gañadora. As persoas interesadas en participar teñen de prazo para presentar as súas imaxes ata o 20 de outubro. Por outra banda, maimiña ten en marcha tamén un curso de cosmética natural que comeza este sábado día 19. Impartirase os sábados en horario de 10:30 a 13:00 horas na casa da cultura. O prezo é de 6 euros Interesados poden reservar praza no teléfono 986 700 699.  

Ana Orozco Maimiña
Fálanos do concurso Teta con amor e humor

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará