Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide a convocatoria urxente das axudas para o comedor escolar

RR_Noticias

A voceira do Bloque, Cecilia Pérez Orge ven de solicitar que con carácter de urxencia se faga pública a convocatoria de axudas para o comedor escolar destinadas as familias que atravesan dificultades económicas. Critican que logo dun mes dende que comezara o curso escolar aínda non se teña aberto o prazo para a presentación de solicitudes.

Entenden os nacionalistas que este atraso supón “un grave problema para as familias que nun momento de crise económica, non poderán facer fronte ao pago polo servizo de comedor dos seus fillos e fillas en idade escolar.
Pérez Orge critica a “falta de interese” da concellería de servizos sociais e do alcalde “por mellorar a calidade de vida dos veciños que atravesan serias dificultades económicas” e engade que este atraso “pon de manifesto que as prioridades do goberno local non pasan precisamente por aplicar medidas de carácter social que permitan aliviar economicamente a estas familias que están sufrindo a crise de maneira moi especial”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará