Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle a XIII edición da Galiza combatente dedicada a María Araujo

RR_Noticias

A combatente galego-cubana Maria Araújo será homenaxeada nos actos organizados por NÓS-UP para conmemorar o Día da Galiza Combatente. As actividades programadas desenvolveranse o domingo 13 e inclúen un acto político, unha ofrenda floral e un xantar de confraternización.

As actividades previstas arrancarán ás 13:00 horas na Praza da Constitución cun acto político no que intervirán Eva Cortinhas en representación da Mesa Nacional de BRIGA e Gustavo Luca de Tena pola Asoicación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil.Rebeca Bravo, portavoz nacional de NÓS-UP será a encargada de pechar o acto que estará amenizado pola música do cantautor Tino Baz.
Ás 14:30 horas terá lugar unha ofrenda floral en homenaxe ás vítimas do franquismo na praia da punta de Cesantes a poucos metros da Illa de San Simón, lugar que durante anos foi campo de concentración
A xornada finalizará cun xantar popular de confraternización. Para pdoer asistir compre reservar praza no número 669 778 474.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará